A vítima do crime de Toques morreu a golpes e logo queimárona
A vítima do crime de Toques morreu a golpes e logo queimárona
Os forenses aseguran que puido morrer ata doce horas antes do lume que calcinou o corpo
A informe da autopsia revela que Julio Lea morreu por tres golpes no cranio propinados por un obxecto contundente e romo. Os forenses estiman que a vítima puido morrer ata doce horas antes do lume que calcinou o corpo.
Os irmáns acusados do homicidio do seu veciño declararán na última xornada do xuízo. O Ministerio Fiscal pide 18 anos de prisión para cada un deles, mentres que as defensas solicitan a absolución.
"A queima do corpo foi post mortem, a vítima xa falecera, os forenses foron concluíntes. Para as acusacións era un dato relevante, por se houbera un posible asañamento".
"Ata a última sesión non se chegará a unha conclusión. A que ten esta defensa é evidente, aínda que o acusado Manuel Marcial tivera a fama que tiña entre os veciños, non é o autor dos feitos", explica Diego Reboredo, o avogado dun dos presuntos autores do crime.