Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas amplía a campaña de vacinación ata o 26 de xaneiro

O Sergas amplía a campaña de vacinación ata o 26 de xaneiro

Tras o pico de gripe houbo días de 3.000 inmunizacións

G24.gal 13/01/2024 14:21 Última actualización 13/01/2024 14:57

Aínda que o pico da gripe xa pasou, as autoridades sanitarias din que non hai que baixar a garda. Por iso, o Sergas ampliou o prazo para se vacinar contra a gripe e a covid ata o 26 de xaneiro. É recomendable pedir cita pero pódese acudir sen ela.

O 82 % da poboación galega de máis de 80 anos xa está vacinada. É o mellor dato de España pero o Sergas quere melloralo. O seu reto é acadar as cifras do ano pasado en que se vacinaron máis de 870.000 persoas.

Tras os picos de gripe A rexistrados no mes do Nadal medraron as inmunizacións, que chegaron a ser 3.000 nun día.

O Servizo Galego de Saúde tamén recomenda a vacinación ás mulleres embarazadas porque houbo algúns casos que precisaron ingreso na UCI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade