Cargando resultados...
A vaga de calor en Europa evidencia o perigo de que desaparezan os grandes glaciares
A vaga de calor en Europa evidencia o perigo de que desaparezan os grandes glaciares
A lingua dun gran glaciar suízo reduciuse en tres quilómetros e a súa profundidade é 200 metros menor
G24.gal
27/07/2022 08:36
Máis consecuencias da vaga de calor en Europa. Os glaciares dos Alpes desconxélanse a gran velocidade. A lingua dun gran glaciar suízo reduciuse en tres quilómetros e a súa profundidade é 200 metros menor.
Nestas zonas, din os expertos, é onde se nota claramente o quecemento global. A ONU advirte da desaparición dos grandes glaciares se non se toman medidas contra o cambio climático.