Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Valedora do Pobo apoia os veciños coruñeses do Orzán na loita contra o ruído nocturno

A Valedora do Pobo apoia os veciños coruñeses do Orzán na loita contra o ruído nocturno

Pídelle ao Concello que actúe para protexer a veciñanza da contaminación acústica

G24.gal 20/04/2022 14:58

A Asociación de veciños do Orzán leva anos pelexando contra o ruído no barrio, un dos epicentros da movida nocturna na Coruña. Pediron amparo á Valedora do Pobo, que xa emitiu informe e dálles a razón.

"Estamos moi satisfeitos porque pensamos que entendeu o problema" afirma o presidente da Asociación, José Méndez. Cre que a Valedora "soubo dar as pautas para tentar resolvelo".

A Valedora di que é responsabilidade do Concello protexer os veciños desa contaminación acústica que lles resta calidade de vida. O goberno municipal non quixo facer declaracións sobre este tema, e os veciños esperan que cumpra. 

"Non pedimos nada que non estea nas ordenanzas municipais" di Méndez. "Só pedimos que se cumpran", engade. 

O informe recomenda reforzar a presenza policial na zona, e afirma que se produciron situacións de inseguridade. A Valedora tamén pide ao Concello que valore poñer en marcha campañas de sensibilización sobre a importancia de compatibilizar o descanso nocturno coa actividade empresarial e o lecer na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade