Publicador de contidos
Publicador de contidos

A varíola do mono segue sumando infectados e sorprende o sistema sanitario do mundo occidental

A varíola do mono segue sumando infectados e sorprende o sistema sanitario do mundo occidental

Unha doenza endémica de África que se daba por extinguida en Europa rexorde, para sorpresa dos científicos

España, con case cen casos, é o segundo país de Europa con máis infectados, a maioría homes

No mundo o número de contaxios supera os 300 e en Galicia confirmouse un positivo de sete casos sospeitosos

G24.gal 30/05/2022 15:30 Última actualización 30/05/2022 17:27

Apenas logramos saír dunha pandemia e xa outro virus está ocupando titulares. Por agora o número de casos é moi reducido, algo máis de 300 en todo o mundo. Só un positivo confirmado en Galicia.

España, con cen casos, é o segundo país de Europa con máis contaxios. A maioría dos afectados son homes homosexuais, aínda que os expertos din que non se trata dunha enfermidade de transmisión sexual, se non que se transmite por contacto estreito cun positivo. Os virólogos volven recomendar illamento dos infectados, moita cautela e medidas profilácticas nas relacións sociais para evitar as transmisións.

Os gobernos da Unión europea pactaron a compra dun lote de vacinas para facerlle fronte a expansión do virus. Por agora non se fixou o protocolo de vacinación, en que se deba determinar  que persoas e en que circunstancias se lle debe administrar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade