Publicador de contidos
Publicador de contidos

A veda do polbo queda establecida entre o 20 de maio e o 4 de xullo

A veda do polbo queda establecida entre o 20 de maio e o 4 de xullo

Prezos altos na recta final da campaña

A veda do polbo vai durar 6 semanas, fronte ás 9 do ano pasado

O 20 de maio comeza a veda do polbo
G24.gal 26/04/2022 14:14

Este ano comercializáronse nas lonxas galegas máis do dobre de polbo que na campaña anterior polo que dende as confrarías están moderadamente satisfeitos. Hai ademais cría no mar e iso augura boas perspectivas para a seguinte campaña. A Xunta, en consenso coas confrarías, acaba de fixar un período de veda de 6 semanas que comezará o 20 de maio. O ano pasado foran 9.

"O lóxico sería de que as vedas fosen un pouquiño máis dilatadas, pero claro cunha protección económica, é dicir, cun paro biolóxico retribuído e iso de momento non fomos capaces de articulalo, entón dous meses parado, dous meses e algo rebenta a economía local e é un quebranto económico difícil de superar para calquera barco", explica José Manuel Rosas, patrón maior da confraría de pescadores San Martiño de Bueu.

En Bueu un dos principais portos polbeiros de Galicia xunto con Ribeira, unhas 70 embarcacións dedícanse a esta pesca, pero esta mañá na praza só había un posto vendendo polbo fresco.

 "Polo prezo que está na lonxa a xente non o quere, non se arrisca porque é  moi complicado vendelo. Temos o pequeno a 15 euros, o mediano a 17 e o grande a 18. Eu, dende o meu punto de vista, xa tiña que estar parado hai un mes tranquilamente, que ao final é tirar pedras contra o meu propio tellado, que é ao que me dedico case todo o ano, pero se non paramos, non temos polbo e ao final acabaremos esquilmando todo", comenta Fanny Santaclara, vendedora no mercado de abastos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade