Publicador de contidos

Publicador de contidos

A venda de filloas e orellas aumenta nestas semanas previas ao Entroido

A venda de filloas e orellas aumenta nestas semanas previas ao Entroido

  O consumo destes doces típicos do carnaval mantense ao longo do ano

G24.gal 09/02/2025 17:33

Aquí facemos filloas todo o ano porque nolas piden os clientes, coñecen as nosas filloas e pídenas todo o ano", di María do establecemento Victoria de Santiago.

Hai indicios de que os romanos xa consumían filloas, os celtas tamén puideron ter algo que ver en que chegara a nós a receita dun produto tradicional da gastronomía galega.

Elaboradas cun amoado de leite ou de caldo, hai variacións, pero o seu consumo é xeral en todo o país.

"A de Santiago é salgada, noutros sitios como Ferrol fanas con anís que son filloas doces, pero esta o mesmo se come cun chourizo envolto que, con nata, con crema, con mel", conta María.

Chegadas estas datas, a venda de orellas tamén aumenta. Nesta confeitería de Santiago téñenas desde outubro e fan unhas duascentas diarias.

"Levan manteiga, azucre, fariña, anís e un pouco de sal. É doado pero o máis importante é a man".
"Nós, a confeitería Tábora só facemos orella, somos especialistas en orellas ". "A xente aquí non pregunta o prezo, chega e pide dúas ducias, unha ducia e xa está", relata, Xosé Manuel García, dono da confeitería Tábora de Santiago

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade