Cargando resultados...
A venda de móbiles rexistra os peores datos da última década
A venda de móbiles rexistra os peores datos da última década
O mercado caeu un 14 por cento no primeiro trimestre deste ano
Os consumidores optan pola reparación antes de por renovar os seus dispositivos
G24.gal
08/05/2023 14:33
O mercado dos móbiles atravesa dificultades e os expertos consideran improbable unha recuperación antes de finais de ano e analizan as causas.
Durante o primeiro trimestre deste ano vendéronse algo máis de 280 millóns destes dispositivos en todo o mundo, un 14 por cento menos que o ano anterior.
Os consumidores optan cada vez máis por alongar a vidas dos seus móbiles e recorren á reparación. As vendas tamén caen no mercado de segunda man. Estar á moda ou ter os últimos modelos xa non é a prioridade.
As grandes tecnolóxicas sofren unha perda de beneficios cunha das maiores caídas da súa historia.