Publicador de contidos
Publicador de contidos

A serie sen gañar do Lugo é a cuarta peor de Europa

A serie sen gañar do Lugo é a cuarta peor de Europa

Os lucenses non foron capaces de celebrar triunfo algún no que vai de 2023

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 10/04/2023 16:09 Última actualización 10/04/2023 16:14

O Lugo enlazou catorce encontros sen gañar na Liga SmartBank e é a peor serie actual no fútbol profesional español, a cuarta en todo o continente. Os lucenses non foron capaces de celebrar triunfo algún no que vai de 2023 e a súa última vitoria remóntase á xornada que despediu 2022, ante o Granada (1-0) no Anxo Carro.

En España, o seguinte equipo que máis partidos seguidos leva sen gañar é o Raio Vallecano, que leva oito sen coñecer o triunfo. En Europa, a peor serie é a do Apollon Larissa da Segunda División grega, que acumula 22 encontros sen impoñerse. O Brescia, da Serie B italiana, leva 17 partidos afastado do triunfo e o Yeni Malatyaspor turco, 15.

Como o Lugo, enlazaron catorce sen gañar o Adanaspor turco e o Santa Clara de Portugal. A serie do equipo branco e vermello levoulle de estar empatado cos postos de permanencia na última xornada de 2022 (21 puntos), a estar a 14 desa zona con 21 por disputar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade