Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuíza deixa en liberdade o veciño de Padrón acusado de danar 75 coches en Cambados

A xuíza deixa en liberdade o veciño de Padrón acusado de danar 75 coches en Cambados

O home pasou á disposición xudicial e acolleuse ao seu dereito a non declarar

Está investigado por un delito de danos

O home pasou á disposición xudicial en Cambados
G24.gal 05/07/2023 18:56 Última actualización 05/07/2023 20:28

O acusado de danar 75 coches en Cambados no último ano pasou á disposición xudicial no xulgado número tres da vila.

Os axentes detivérono en Padrón, onde vivía. O home ten 46 anos. Acolleuse ao seu dereito a non declarar e a xuíza decretou a súa posta en liberdade sen impoñerlle ningunha medida.

A Garda Civil investigaba o caso desde hai meses. Ao parecer, desprazábase de noite no seu coche desde Padrón a Cambados e despois volvía á súa casa.  

Amplo historial

O home levaba facendo mal desde hai un ano. O seu historial é amplo e variado: rodas picadas en xaneiro... Capós estragados polo decapante en abril... Quince damnificados en maio... e outros dez o mes pasado. 

Agora o acusado está investigado por un delito de danos e os cambadeses un pouco máis tranquilos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade