Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuíza do caso de Déborah Fernández tomará declaración ao perito que certificou a natureza homicida da morte

A xuíza do caso de Déborah Fernández tomará declaración ao perito que certificou a natureza homicida da morte

A xuíza de instrución 2 de Tui aceptou a petición da familia de chamar a declarar ao doutor Aitor Curiel

G24.gal 19/05/2023 13:01

A xuíza de Tui que instrúe o caso de Déborah Fernandez tomaralle declaración o próximo 8 de xuño ao perito que en 2021 elaborou un informe que sostiña que a morte da moza viguesa fora homicida.

A xuíza atende así a petición dos avogados da familia de Déborah, que previamente rexeitara. A instrutora tamén accedeu a que o grupo investigador leve a cabo novas pescudas en relación coa análise policial do teléfono móbil da moza.

O informe dos axentes aseguraba que se inspeccionaran os correos electrónicos a través do terminal, algo que os letrados poñen en dúbida, xa que naquela época só unha marca de telefonía ofrecía ese servizo, e non era a que usaba Déborah.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade