Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuíza procesa a condutora e a súa parella acusados de incendiar dous buses de Vitrasa

A xuíza procesa a condutora e a súa parella acusados de incendiar dous buses de Vitrasa

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo conclúe que hai "indicios firmes" de que ambos "idearon e materializaron" os incendios

A maxistrada impúxolles unha fianza duns 570.000 euros

G24.gal 03/08/2024 19:55

A xuíza procesará a condutora de Vitrasa e a súa parella, acusados de incendiar dous autobuses urbanos en Vigo na véspera do primeiro de maio, día Internacional do Traballo, de 2023. A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo conclúe que hai "indicios firmes" de que ambos "idearon e materializaron" os incendios dos buses de Vitrasa.

A maxistrada impúxolles unha fianza duns 570.000 euros. A traballadora levaba cinco anos desempeñando o seu labor na empresa concesionaria dos buses de Vigo. A maxistrada que ditou o auto de procesamento apunta como indicios os botes atopados na vivenda dos investigados e no visionamento das cámaras dos buses.

Todo apunta a que o home presuntamente lanzou o cóctel explosivo que causaría os incendios e que supostamente contou coa colaboración da condutora. A xuíza resume que os lumes se produciron no marco dun "forte conflito laboral" entre os traballadores e a empresa concesionaria do transporte urbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade