A Xunta abre o prazo para solicitar estadías do programa de benestar en balnearios
A Xunta abre o prazo para solicitar estadías do programa de benestar en balnearios
Haberá máis de 1.200 prazas de xullo a decembro
Os maiores de 60 anos poden solicitar estadías en balnearios galegos a prezos reducidos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes unha nova convocatoria do programa de Benestar en Balnearios que ofrece estadías en 15 establecementos da comunidade autónoma para maiores de 60 anos. O prazo de solicitude vaise prolongar durante un mes.
Segundo informa a Xunta, na edición deste ano "aumentan as prazas dispoñibles ata superar as 1.230 e tamén as quendas aos meses de verán", de modo que o programa inclúe os meses de xullo a decembro. A iniciativa, lembra, oferta estancias de dez días en réxime de pensión completa.
A Consellería de Política Social e Igualdade, apunta, destina a esta convocatoria un 9 % máis que a edición pasada, isto é, un orzamento de 300.000 euros.
As solicitudes poden presentarse por rexistro aínda que deberá facerse "preferentemente" por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede da Xunta.