Os balnearios galegos chegarán ao 100 % de ocupación nos días festivos
Os balnearios galegos chegarán ao 100 % de ocupación nos días festivos
O mal tempo favorece a asistencia a estes establecementos
Os usuarios buscan descanso e saúde
As vacacións de Semana Santa son algo máis que fervor relixioso ou visitas a lugares turísticos. Moitas familias optan por dedicar o seu lecer a coidarse e descansar.
Gañar en saúde, darlle descanso ao corpo e desconectar das rutinas diarias son as vantaxes que ofrecen os balnearios nestes días en que o tempo tampouco da moitas máis opcións.
Dende o venres a ocupación media nos balnearios galegos é superior ao 80 % e agárdase que nos festivos se chegue ao 100 %. O perfil dos usuarios é o de familias ou parellas procedentes na súa maioría de Galicia pero tamén doutras zonas de España.
Os balnearios ofrecen alternativas turísticas na contorna onde se sitúan para que os visitantes desfruten plenamente da estadía. E é que xa os romanos sabían das bondades das augas.
A media nos balnearios galegos é de tres pernoitas por persoa durante a primavera, se ben nos casos de tratamentos sanitarios prolónganse ata nove días.