Cargando resultados...
Os balnearios da bacía do Miño no Ribeiro están case cheos
Os balnearios da bacía do Miño no Ribeiro están case cheos
Agárdase unha ocupación do 100 % nos días festivos
A saúde mental e física é a motivación da clientela
G24.gal
24/03/2024 12:55
Última actualización 24/03/2024 13:04
Gañar en saúde, darlle descanso ao corpo e desconectar das rutinas diarias. Son as motivacións da clientela que estes días ateigan os balnearios da bacía do Miño na zona do Ribeiro.
Con todo, os establecementos buscan completar cada vez máis a súa oferta e non se cinguen só a tratamentos de saúde e baños.
Agora apóstase tamén polo coñecemento da contorna e por actividades lúdicas e deportivas que fagan máis amena a estadía, pero sempre cunha aposta polo desfrute con calma.
A media nos balnearios é de tres noites por persoa. Nos días festivos da vindeira semana estímase que a ocupación vai ser do 100 % na maioría dos establecementos.