Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un proxecto piloto para previr a contaminación das augas mineromedicinais chega ao balneario de Laias

Un proxecto piloto para previr a contaminación das augas mineromedicinais chega ao balneario de Laias

O proxecto estará rematado a finais do 2026

O sistema contempla posibles solucións para problemas que poidan detectarse nas augas

G24.gal 01/02/2024 16:07

O proxecto contempla primeiro monitorizar as augas dos balnearios. Varios sensores en distintos puntos do establecemento e das piscinas medirán diversos parámetros en tempo real. Todos eses datos van a un sistema centralizado. Despois, mediante intelixencia artificial poderase predicir que nivel de variacións ou flutuacións poden ter eses parámetros que conforman a auga termal.

"A parte médica do proxecto vai indicar que condicións físico-químicas e biolóxicas ten que ter a auga para que estea en condicións óptimas para as súas aplicacións terapéuticas", explicaba José Luis Lejido Soto, catedrático emérito da Universidade de Vigo.

O sistema contempla ademais posibles solucións para problemas que poidan detectarse nas augas  e a posibilidade de que esa información chegue tamén aos usuarios. 

"Un sistema intelixente que lle dea información ao balneario para que poida solucionar calquera anomalía que se atope na piscina e realmente o usuario teña garantido que a auga que está empregando está en condicións óptimas", aseguraba o catedrático emérito da Universidade de Vigo.

O proxecto contempla a instalación de seis sistemas piloto en distintos balnearios: dous en Francia, un en Portugal e tres en España, en Badaxoz, Valencia e aquí, no balneario de Laias.

"Imos ser un pouco pioneiros do que sería a utilización do balneario como un axente terapéutico dentro do que se considera hoxe como turismo de saúde e benestar", remarcaba Lejido.

O proxecto, en que traballan ademais doutros organismos, universidades de España, Francia e Portugal, estará rematado a finais do 2026. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar