Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abre o proceso para captar investidores para sociedade mixta de renovables

A Xunta abre o proceso para captar investidores para sociedade mixta de renovables

As empresas interesadas deben ter o centro de decisión en Galicia e xerar aquí riqueza e empregos

G24.gal 08/06/2023 17:21 Última actualización 08/06/2023 20:30

A Xunta dá o primeiro paso para a creación da compañía público-privada que promoverá proxectos de enerxías renovables que aseguren que parte dos beneficios queden en Galicia. O Consello aprobou este xoves na súa reunión semanal abrir o luns o proceso para captar investidores.

Así, o Goberno galego bota a andar en paralelo á tramitación da lei de aproveitamento de recursos naturais a creación da sociedade mixta para impulsar proxectos de enerxía renovable. As empresas interesadas en entrar nesta sociedade deben cumprir unha serie de requisitos: ter o centro de decisión en Galicia e xerar aquí riqueza e empregos, e a súa principal actividade non pode ser a enerxética. 

"Recibimos moitas manifestacións informais de posibles investidores, así que parece unha boa idea, ben acollida ademais pola sociedade en xeral. Agora cómpre poñela en marcha e este é o primeiro paso, en que se lles ofrece a posibilidade aos que se queiran implicarse nela xa cunha cantidade económica e cumprindo unha serie de principios que poidan manifestar o seu interese para que despois a Xunta faga a selección", explicou o xefe do Goberno galego Alfonso Rueda.

As empresas interesadas poden presentar a súa proposta dende o luns ata o 30 de xuño, prazo prorrogable en función da demanda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade