A Xunta activa na Coruña a Tarxeta Xente Nova no móbil para promover o uso do transporte público gratuíto
A Xunta activa na Coruña a Tarxeta Xente Nova no móbil para promover o uso do transporte público gratuíto
A Xunta activa na Coruña a Tarxeta Xente Nova no móbil para promover o uso do transporte público gratuíto
Segundo informa a Xunta, a iniciativa dará servizo a case 20.000 persoas da área coruñesa, con 21 liñas nos concellos de Cambre, Carral, Cerceda, Oleiros, Ordes, A Coruña, Culleredo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, A Laracha e Sada
O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou a activación na Coruña da Tarxeta Xente Nova no móbil, unha medida que ten como obxectivo "facilitarlle" á mocidade o uso do transporte público gratuíto na comarca.
Segundo informa a Xunta, a iniciativa dará servizo a case 20.000 persoas da área coruñesa con 21 liñas nos concellos de Cambre, Carral, Cerceda, Oleiros, Ordes, A Coruña, Culleredo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, A Laracha e Sada.
Na súa visita, este venres, á estación de autobuses da cidade herculina para comprobar o funcionamento do sistema, Calvo explicou que a nova aplicación está dispoñible desde o pasado luns tanto para dispositivos Android como para Apple.
Destacou que "elimina a necesidade do cartón físico, de ter saldo e de recargar no caixeiro". As persoas menores de 21 anos beneficiarias da Xente Nova precisan rexistrarse na aplicación para dispoñer de 60 viaxes gratis ao mes. Neste acto, o conselleiro estivo acompañado, entre outras autoridades, polo director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.