Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un "rebentón húmido" de auga e raios causaron incidencias este luns en Lugo e Ourense

Un "rebentón húmido" de auga e raios causaron incidencias este luns en Lugo e Ourense

A capital e a montaña de Lugo foron as zonas máis afectadas polas treboadas, con 33 litros no Cebreiro

Tamén houbo vento, 102 km/h en Burela, e calor abafante, con 38,7º en Salceda de Caselas

G24.gal 29/07/2024 17:01 Última actualización 29/07/2024 21:27

A media tarde abriuse o ceo e comezou a chorrear a cano aberto en boa parte do país, sobre todo na provincia de Lugo, a máis afectada polo que os meteorólogos cualifican como "rebentón húmido". En zonas como o polígono do Ceao precisaron coches anfibios. Foi tal cantidade de auga a que caeu que os sumidoiros non deron abasto e algúns vehículos quedarona atrapados.

Escalinatas convertidas en fervenzas, é a imaxe que se viu esta tarde en diversas rúas da propia capital. Con todo, foi na montaña luguesa onde máis choveu. O Cebreiro rexistrou 33 litros por metro cadrado. Nalgúns puntos coma en Melide caeu pedrazo dun tamaño máis grande que os ovos de paspallás.

Máis de 3.600 lóstregos caeron en toda a xeografía galega, a maior parte deles en Lugo, e algún tamén en Ourense. Un causou estragos nunha casa da parroquia de Velle. Por sorte o dono acuidu axiña e os danos non pasaron do soto.

O mesmo lóstrego partiu unha maceira nunha casa próxima. O vento tamén tivo protagonismo, con rexistros de máis de cen quilómetros por hora en Burela. Foi unha treboada intensa, despois dunha xornada de calor abafante e moito bochorno. 

Salceda de Caselas marcou a temperatura máis alta con 38,4 graos, seguida de Ourense, con 37,8. Para este martes segue a calor, pero o aviso amarelo queda restrinxido á comarca de Valdeorras.

Sarabia do tamaño de ovos de paspallás en Melide Sarabia do tamaño de ovos de paspallás en Melide

A Xunta activa o aviso amarelo por calor para este luns e o martes

As principais zonas afectadas pola onda de calor serán o interior e o suroeste da provincia da Coruña; as localidades do centro, do sur e da montaña de Lugo; o interior da provincia de Pontevedra; e a comarca de Valdeorras.

Este martes, o nivel de aviso amarelo manterase nas localidades do interior da provincia da Coruña, nas do sur de Lugo e na comarca de Valdeorras.

Segundo informa Meteogalicia, dependente da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Galicia conta coa presenza dunha masa de aire moi cálido desde a xornada de onte domingo, e deixará este luns valores moi elevados nas temperaturas, tanto mínimas como máximas.

De feito, durante a noite do domingo para o luns moitas comarcas de Galicia viviron unha noite tropical, con mínimas que non descenderon por baixo dos 20 °C. As máximas este luns han superar os 35 °C en moitos puntos.

Nesta situación, a Consellería de Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, non acudir ás praias nas horas centrais do día, e empregar roupa cómoda, lixeira e folgada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade