Cargando resultados...
A Xunta amplía a campaña do choco de Redondela ata o 19 de xullo
A Xunta amplía a campaña do choco de Redondela ata o 19 de xullo
É un xeito de paliar as perdas pola escaseza de molusco
G24.gal
28/06/2024 13:22
O choco é a estrela absoluta da lonxa de Redondela, sobre todo este ano en que a ameixa e o berberecho escasean. A súa pesca ía rematar esta fin de semana, pero a Xunta prorrogou a campaña ata o 19 de xullo. Foi un ano moi duro nesta confraría pola falta de moluscos. Algúns mariñeiros preferían un paro biolóxico.
Na praza de abastos de Redondela as peixeiras están moi contentas coa decisión, xa que en verán é cando máis apetece o consumo do cefálopodo e cando tamén o consomen os turistas.
A presenza da ouxa, a pesca deportiva e a dozura da auga pola choiva son outras ameazas para o sector.