Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aposta por potenciar a agrogandería para garantir a seguridade alimentaria

A Xunta aposta por potenciar a agrogandería para garantir a seguridade alimentaria

Nunhas xornadas europeas sobre soberanía alimentaria que se celebran en Santiago, José González apostou por avanzar en "ser despensas de nós mesmos"

G24.gal 26/09/2023 14:21

O conselleiro do Medio Rural avoga por potenciar a actividade agrogandeira para garantir a seguridade alimentaria.

Nunhas xornadas europeas sobre soberanía alimentaria que se celebran en Santiago José González apostou por avanzar en "ser despensas de nós mesmos" a través dun sector primario e unha industria "capacitada, rentable, competitiva e sostenible"

E neste empeño destacou a importancia da xestión de terras baleiras e das concentracións parcelarias. Tamén a profesionalización de agricultores e gandeiros para que a súa actividade sexa rendible e fixe poboación no rural.

"Esta actividade agrícola e gandeira temos que ligala de xeito indisoluble, é unha esixencia, á produción de calidade. Produción de alimentos de proximidade, ten moito que ver coas xornadas de hoxe, de soberanía alimentaria, de quilómetro cero, de máxima trazabilidade", mantivo o conselleiro do Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade