Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta celebra o Xacobeo 2027 como AEIP para estender os beneficios fiscais

A Xunta celebra o Xacobeo 2027 como AEIP para estender os beneficios fiscais

O pleno do Consello Xacobeo, presidido polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, acordou solicitar ao Goberno a declaración do Ano Santo Xacobeo 2027 como AEIP

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, incidiu en que o Camiño de Santiago é un "eixo vertebrador de todo o territorio nacional"

G24.gal 26/06/2024 18:49

A Xunta de Galicia celebrou a decisión adoptada este mércores polo Consello Xacobeo para solicitar ao Goberno a declaración do Ano Santo Xacobeo 2027 como Acontecemento de Excepcional Interese Público (AEIP), e que servirá para que os Orzamentos Xerais do Estado recollan beneficios fiscais a empresas e entidades que apoien o Xacobeo.

O pleno do Consello Xacobeo, presidido polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, acordou solicitar ao Goberno a declaración do Ano Santo Xacobeo 2027 como Acontecemento de Excepcional Interese Público, ao considerar que se trata dunha nova oportunidade para seguir impulsando os valores asociados á Ruta.

Neste sentido, o Ministerio adquiriu o compromiso de promover a súa inclusión como AEIP, que abarcaría o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2027, no borrador da Lei de Orzamentos Xerais do Estado 2025, favorecendo así a posta en marcha dun programa específico de beneficios fiscais.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, valorou esta ampliación fronte á previsión inicial do Goberno central, de cinguilo ao período que vai de outubro do 2025 a setembro de 2027.

Remarcou que con esta medida preténdese recoñecer o labor dos patrocinadores "como embaixadores dos valores e promotores da cultura xacobea".

Ademais, incidiu en que o Camiño de Santiago é un "eixe vertebrador de todo o territorio nacional", sobre todo no norte de España e en Portugal, e recalcou que, nun breve período de tempo, celebraranse dous anos santos (2027 e 2030).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar