Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta confía en que conexión da A-55 en Tui estea rematada para finais do verán

A Xunta confía en que conexión da A-55 en Tui estea rematada para finais do verán

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que as obras acadan o 55 % de execución

G24.gal 28/02/2023 16:14

Tui quedará conectado coa A-55 a finais deste verán. É o tramo máis complexo da vía de alta capacidade entre este concello e A Guarda.

O enlace dará acceso directo ao polígono industrial de Areas e recollerá o tráfico procedente de Portugal. A infraestrutura suporá unha mellora significativa para as empresas da zona. 

A fase con maior dificultade na construción é unha macrorrotonda elevada de 80 metros de diámetro que permitirá desconxestionar o tráfico na zona pola que circulan 16.000 vehículos diarios.

Ademais conectará directamente co parque empresarial de Areas, unha vella demanda dos empresarios, transportistas e traballadores. Os traballos están ao 55 por cento da súa execución e rematarán a finais do verán.

É un novo tramo da vía de altas capacidades entre Tui e A Guarda, a zona máis poboada do sur da provincia e cun marcado carácter industrial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade