Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta de Galicia di que a lei de vivenda pode paralizar o sector da construción

A Xunta de Galicia di que a lei de vivenda pode paralizar o sector da construción

O Goberno galego reúne o Observatorio de Vivenda e pídelle ao executivo que rectifique

G24.gal 21/04/2023 14:41

A lei de vivenda que impulsa o Goberno aprobarase previsiblemente o próximo xoves no pleno do Congreso, despois de superar o seu último trámite parlamentario. O Goberno defende as medidas.

"O que estamos facendo é aprobar unha lei que pretende mobilizar vivenda pública. Poñer un límite para que os alugueiros non aumenten de xeito desproporcionado".

Pero hai comunidades, como é o caso de Galicia, que consideran que as medidas poden invadir competencias autonómicas. É un dos asuntos que abordou o Observatorio da Vivenda. O sector recoñece que hai inquedanza polos efectos que poidan ter medidas como poñerlles tope aos alugueiros.  

"Se non se para e se reflexiona, vai supoñer unha parálise total da construción de vivenda".

A Xunta pediulle ao Goberno que convoque a conferencia sectorial que reúne as comunidades, pero di que non hai resposta. Agora estuda recorrer ante o Tribunal Constitucional.

"Temos que avaliar e ver se a lei ten visos de inconstitucionalidade. E a partir de aí ver que facer".

A Xunta tamén se dirixiu á Sareb para aclarar o número de vivendas que anuncia o Goberno como dispoñibles en Galicia. Son 1.200 fronte ás 40 que por escrito lle trasladou a empresa este mesmo ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade