Publicador de contidos
Publicador de contidos

A planta de hidróxeno verde das Pontes, declarada proxecto industrial estratéxico

A planta de hidróxeno verde das Pontes, declarada proxecto industrial estratéxico

A declaración da Xunta axiliza os trámites para instalar a central, impulsada por Reganosa e EDP Renováveis

Será un proxecto de referencia no proceso de transición enerxética en Galicia

G24.gal 08/09/2022 15:00

A futura planta de hidróxeno verde das Pontes vai ser un dos referentes da transición enerxética en Galicia. De aí que a Xunta busque axilizar a súa posta en marcha coa declaración de proxecto industrial estratéxico, que permite reducir prazos e facilitar os trámites administrativos.

As compañías impulsoras, Reganosa e EDP Renováveis, queren ter operativa a planta en 2025. 

O presidente da Xunta detallou o proxecto: "Contará cunha potencia de 100MWh, e unha produción de 16.000 toneladas. O investimento é de 156 millóns e directos, e creará 60 empregos directos e varios centos indirectos".

A localización da planta nas Pontes responde ao obxectivo de conseguir que o concello siga sendo unha referencia no ámbito enerxético, e paliar así o impacto laboral do cesamento da actividade térmica. 

"O obxectivo é fomentar o uso de hidróxeno renovable, en particular nas industriais, contribuír á descarbonización do sector enerxético e potenciar unha área necesitada destes proxectos industriais", dixo Alfonso Rueda.

A alianza de Reganosa e EDP fará posible en Galicia a primeira planta de hidróxeno verde, que xogará un papel esencial para a seguridade da subministración enerxética en Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade