Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta declarará de "interese público superior" os parques eólicos para acelerar a súa apertura

A Xunta declarará de "interese público superior" os parques eólicos para acelerar a súa apertura

Incluiríanse todos os proxectos entre o 30 de decembro de 2022 e o 30 de xuño de 2024

É un cambio normativo que o Goberno galego quere introducir a través da coñecida como lei de acompañamento

Os orzamentos de 2024 recollen 686 millóns de euros en beneficios fiscais

G24.gal 20/10/2023 19:21

A Xunta de Galicia vai declarar de "interese público superior" a planificación, construción e explotación dos parques eólicos da súa competencia para "acelerar" a despregadura destas instalacións de enerxía renovable. 

Este é, polo menos, un de cambios normativos que quere introducir o Goberno galego a través da lei de medidas fiscais e administrativas, a coñecida como lei de acompañamento, cuxo proxecto entregou hoxe, venres, ao Parlamento para a súa tramitación xunto co orzamentario para 2024.

Se se aproba este proxecto, a Xunta declarará de interese público superior "a planificación, construción e explotación dos parques eólicos de competencia autonómica, así como as súas infraestruturas de evacuación" para "os procesos de autorización, construción e posta en funcionamento". Incluiranse nesta nova categoría todos os proxectos iniciados entre o 30 de decembro de 2022 -así como os anteriores a esta data que non teñan resolución definitiva na vía administrativa- e o 30 de xuño de 2024, e mesmo os posteriores se "así o determina o Dereito de UE".

Esta declaración supón que os proxectos, por ser de enerxía renovable, "contribúen á saúde e seguridade públicas", algo que haberá que ter en conta de maneira "relevante" ao "ponderar os intereses xurídicos de cada caso", indica a nova normativa. De feito, será algo a ponderar "no caso de que se presente recurso administrativo contra a autorización do proxecto de parque eólico ou as súas infraestruturas de evacuación" e se solicite a súa suspensión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade