A Xunta denuncia xestión "discriminatoria e arbitraria" polo Goberno dos fondos europeos
A Xunta denuncia xestión "discriminatoria e arbitraria" polo Goberno dos fondos europeos
Coñecemos a concesión de axudas ás que poderían optar empresas como Alcoa, cando aínda non está aberta a convocatoria do PERTE de descarbonización.
A Comisión Europea aprobou este venres a axuda chave para a viabilidade da produción de factorías coma Arcelor en Asturias. É unha axuda solicitada por España por valor de 460 millóns de euros para axudas a estas empresas a descarbonizar parcialmente os seus procesos de produción.
O Goberno galego denuncia discriminación e repartición arbitraria por parte do Goberno. Nunhas declaracións en Cortegada, en Ourense, Francisco Conde, vicepresidente primeira da Xunta, sinalou que esta actitude do Executivo pon nunha situación "difícil" a comunidades como Galicia, que conta con proxectos concretos aos que o Goberno non dá resposta, como Altri, Sowa Denko ou Sentury, sinalou.
Como exemplo desta actitude que considera "arbitraria", o dirixente galego aludiu á axuda de 450 millóns de euros para Arcelor Mittal en Biscaia e Asturias.