Cargando resultados...
A Xunta destina 7,4 millóns a axudas para modernizar portos e lonxas de Galicia
A Xunta destina 7,4 millóns a axudas para modernizar portos e lonxas de Galicia
As axudas serán publicadas no DOG a finais de mes
Pretenden mellorar as condicións de traballo, a eficiencia e a calidade
A conselleira do Mar explicou a liña de axudas nunha visita á lonxa de Aguiño
G24.gal
19/01/2022 14:10
A Xunta destinará sete millóns e medio de euros a proxectos para equipar e modernizar os portos e lonxas de Galicia. A conselleira do Mar anunciou que a finais de mes vanse publicar no DOG estas axudas.
Pretenden mellorar as condicións de traballo dos pescadores, a eficiencia enerxética e a calidade e control dos produtos desembarcados. Rosa Quintana subliñou que permitirán mellorar a competitividade dun sector punteiro.