Do mar á neveira da casa, así é a venda directa na lonxa de Baiona
Do mar á neveira da casa, así é a venda directa na lonxa de Baiona
Compradores particulares poden mercar o peixe e marisco que chega a este porto, cun límite de quilos por persoa
Dende primeira hora os barcos descargan o peixe na lonxa de Baiona, e ata alí se achegan xa os compradores particulares na busca das pezas máis frescas. Din os responsables que intentan poñer un prezo intermedio, entre o da lonxa convencional, que vende ao mercado grosista, e o dos supermercados. Iso si, nin limpan nin cortan o peixe, vai como sae do mar.
A variedade e o prezo dependen do día, pero apuntan a que a calidade está garantida. E iso é o que máis aprecian os consumidores. Hai un límite de quilos por persoa, para asegurar que se trata dunha venda a particulares.
A venda directa en Baiona comezou a funcionar este ano, e agardan incrementar pronto a oferta, por exemplo coas ameixas que se extraen na zona.