Sentury e a Xunta avanzan trámites da planta de pneumáticos das Pontes
Sentury e a Xunta avanzan trámites da planta de pneumáticos das Pontes
O grupo chinés Sentury Tire prevé un investimento de 531 millóns de euros e crear 750 empregos directos
Os máximos responsables do grupo chinés intensificaron os contactos co Goberno galego nos últimos días. O xefe do executivo autonómico e o seu vicepresidente económico reuníronse con Long Qing, o presidente de Quindao Century.
Alfonso Rueda e Francisco Conde avaliaron o estado de tramitación desta iniciativa que, ademais, é un dos catro proxectos industriais estratéxicos declarados polo Goberno galego.
Entre outras vantaxes, esta figura supón carácter prioritario de tramitación, así como a redución á metade dos prazos establecidos no procedemento. O obxectivo é que se poida iniciar este ano a súa construción.
Sentury prevé unha produción anual de 12 millóns de pneumáticos. Contempla un investimento de 531 millóns de euros e a creación de 750 empregos directos.
Rueda trasladoulle a Qin o apoio da Xunta no proceso actual e asegurou que o Executivo autonómico está comprometido coa iniciativa.
O proxecto está incluído tamén entre as iniciativas de Transición Xusta do Ministerio para a Transición Ecolóxica.