A Xunta licita as obras da terminal de buses e do aparcadoiro da intermodal de Lugo

Prevén comezar os traballos no 2024, cun prazo de execución de 25 meses

G24.gal 16/11/2023 18:00 Última actualización 16/11/2023 18:49

O Consello da Xunta aprobou este xoves a contratación das obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo por un importe que roza os 20 millóns de euros, dos que a Xunta asume o 65 % do custo. 

Segundo explicou o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, a previsión é comezar os traballos no 2024 e que estean rematados nun prazo de 25 meses. Esta licitación está recollida no convenio asinado en marzo pasado pola Xunta, o Concello de Lugo e o Adif. 

A intermodal luguesa suma un orzamento total de 50 millóns de euros, que inclúen tamén a construción dunha nova estación de tren por parte do Adif. Alfonso Rueda considera que este investimento debe ir acompañado dunha mellora das conexións ferroviarias coa cidade de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade