Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pide manter limpas as praias na noite de San Xoán

A Xunta pide manter limpas as praias na noite de San Xoán

G24.gal 18/06/2022 13:14

A cinco días para a celebración do San Xoán, as autoridades fan un chamamento ao civismo e piden manter os areais galegos libres de lixo.

Durante unha visita á praia de Caión, na Laracha, a conselleira de Medio Ambiente sinalou o importante que é gozar da noite das lumaradas pero sen deixar pegada no entorno.

A conselleira fixo balance da gran recollida colaborativa nacional de residuos Un metro cadrado contra o lixo na natureza. Desenvolveuse en 44 espazos naturais galegos, participaron preto de 900 voluntarios, que retiraron 339 quilos de residuos.

Na súa maioría cabichas e bolsas, pero tamén, cada vez máis, máscaras e toalliñas hixiénicas.  Canda Ecoembes, a Xunta participa no proxecto Libera de SEO/Birdlife, que ten como obxectivo concienciar sobre o impacto ambiental do lixo na natureza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade