A Xunta pon en marcha 3 unidades para atender os pacientes con enfermidades raras
A Xunta pon en marcha 3 unidades para atender os pacientes con enfermidades raras
As unidades instalaranse en Vigo, Santiago e A Coruña
Calcúlase que en Galicia 200.000 persoas sofren algún tipo de enfermidade rara
Calcúlase que en Galicia unhas 200.000 persoas sofren algún tipo de enfermidade rara, a metade delas de carácter neurolóxico. Acurtar os tempos da súa diágnose é unha das principais demandas dos afectados.
Con este obxectivo e para abordar de xeito multidisciplinar estas doenzas a Xunta puxo en marcha tres unidades funcionais para atender estes pacientes. Unha delas estará no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que acolleu un acto con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. En Santiago e na Coruña estarán as outras dúas unidades funcionais.
"Para que todos os pacientes teñan unha referencia que basicamente é para axilizar o diagnóstico e para establecer a interconexión entre os diferentes servizos. Digamos que se dilúen os servizos como os coñecemos clasicamente, dilúense as barreiras e o que se fai é centrarse na atención dos pacientes que adoitan estar atendidos por diferentes especialistas", afirmou Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.