Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pon en marcha un novo plan sectorial eólico

A Xunta pon en marcha un novo plan sectorial eólico

Os novos parques estarán situados preto dos polígonos industriais

Os obxectivos son reducir o impacto ambiental e aumentar a potencia eléctrica

Andrés Pavón/Isa Arrojo 19/10/2024 11:31

Logo de 22 anos de vixencia, o plan sectorial eólico de Galicia quedou desfasado e a Xunta xa puxo en marcha un novo proxecto. Os avances tecnolóxicos permiten que as turbinas sexan máis eficientes e produtivas e hai que adecuar a lexislación a esa realidade. O plan sectorial persegue tamén que os parques produzan máis enerxía ocupando menos espazo físico e cun impacto ambiental moito menor.

"A ninguén lle gustan as liñas de evacuación. Por iso, vanse reducir e imos aumentar a produción de electricidade sendo máis eficientes e respectuosos co medio", explica Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética.

Ademais, o plan busca identificar as zonas máis axeitadas para a localización de novos parques xa que se trata dun recurso que non funciona igual en toda Galicia. E, sobre todo, vanse localizar o máis preto posible das zonas industriais para que as empresas poidan ter enerxía suficiente e reducindo os custos que implica o seu desprazamento.

"Apostamos polo binomio enerxía/industria. Por iso imos achegar os novos parques ás zonas de maior produción industrial para que teñan un recurso suficiente e accesible", engade Fernández Vila.

Os estudos para identificar as zonas máis aptas para a localización dos parques eólicos eficientes xa están en fase preliminar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade