A Xunta premia o esforzo dos mellores universitarios
A Xunta premia o esforzo dos mellores universitarios
O presidente entrega o Premio Ángela Ruiz Robles aos alumnos co mellor expediente universitario do curso 2021-2022
A Xunta recoñeceu este venres co Premio Ángela Ruiz Robles aos alumnos co mellor expediente universitario do curso 2021-2022, que constitúen "un exemplo de esforzo, interese e motivación" e son un "orgullo para a Galicia de hoxe e tamén de mañá".
Más de douscentos alumnos reuníronse coas súas familias no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago, nun acto no que participaron o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda; o conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez, e os reitores das tres universidades galegas.
Tamén asistiu unha filla de Ángela Ruiz Robles, a profesora ferrolá de adopción que dá nome a estes premios -antes coñecidos como de Excelencia académica-, xunto a tres das súas netas.
Román Rodríguez felicitou aos alumnos premiados que son "un exemplo do que debe ser un bo alumno universitario", sinalou, e por quen pasará "un parte significativa do futuro de Galicia".
O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, en nome das tres universidades, destacou as capacidades intelectuais dos alumnos premiados, "algo que vén de serie", pero sobre todo incidiu en "o esforzo e no interese".
"Isto apenas dura unha hora pero detrás hai moitas horas de esforzo e de renuncias e merece a pena premialo. É moi difícil ser excelente sen un compoñente importante de vocación, de dedicarlle moitas horas, de poñerlle ganas, algo de sorte, hai que dicilo, e de talento, todo mesturado. Pero sen capacidade de sacrificio sería moi difícil que este resultado fose unha realidade", afirmou o presidente galego en funcións.
Rueda lembrou que a Xunta conxelou o prezo das taxas universitaria nos últimos trece anos e destacou que a partir do próximo curso quen estude, quen se esforce, -os que aproben- terán a matrícula universitaria de balde.