Cargando resultados...
A Xunta crea unha guía cartografiada con 52 rutas ciclistas pola natureza galega
A Xunta crea unha guía cartografiada con 52 rutas ciclistas pola natureza galega
Inclúe mapas, fotos e fichas de percorridos seguros e con alto valor paisaxístico
O ciclista pode descargar os itinerarios desde Wikilok no seu GPS, móbil ou reloxo intelixente
G24.gal
14/09/2022 15:08
Da Ribeira Sacra á Mariña pasando polo Xurés ou Fisterra. Nesta guía interactiva o ciclista pode elixir entre medio cento de rutas seguras para pedalear Galicia.
O ciclista obtén toda a información que precisa para planificar o percorrido: topografía, fotos ou puntos de interese. Despois pode descargar o percorrido na aplicación gratuíta Wikilok e seguila desde o GPS na bicicleta, xa que non están sinalizadas.
Máis de 2000 quilómetros para visitar 112 concellos galegos de xeito seguro, saudable e sostible: subidos a unha bicicleta.