Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un de cada tres mortos nas estradas galegas son usuarios vulnerables

Un de cada tres mortos nas estradas galegas son usuarios vulnerables

A alta mortalidade dos usuarios vulnerables, peóns, ciclistas e motoristas acendeu as alertas, e as autoridades inisiten na necesidade de cumprir as normas básicas de circulación

A relaxación de moitos condutores pon en perigo a seguridade de cicilistas cos que comparten vías de cirulación

G24.gal 07/07/2024 16:36

Nun domingo solleiro coma este son facilmente recoñecibles. Eles, xunto cos peóns e os motoristas forman parte dese colectivo vulnerable dentro das estradas xa que os seus corpos son os que levan a peor parte.

A sinalización, en estradas coma esta de Oia, alerta de espazos compartidos onde circulan asiduamente peóns, ciclistas, motoristas e tamén vehículos.

Nos primeiros catro meses deste ano en Galicia, a DXT contabilizou un total de 14 falecidos dentro deste colectivo. Cifras moi altas que supoñen o 38% do total. Xa se puxeron en marcha varias campañas de concienciación. 

Facerse visibles, levar os adecuados equipos de protección, unha indumentaria adecuada e sobre todo cumprir as normas poden axudar a evitar sustos.

As distraccións tamén están detrás dunha parte importante dos sinistros.  Sobre todo se falamos de dispositivos móbiles. Porque un segundo de distracción, pode pasarnos factura toda a vida. E porque todos, nalgún momento, fomos ou seremos condutores, motoristas, peóns e tamén ciclistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade