Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Begonte reclaman o arranxo dunha estrada provincial

Veciños de Begonte reclaman o arranxo dunha estrada provincial

Denuncian que é imposible evitar as fochancas e que danan os vehículos

Urxen unha reforma integran da vía

G24.gal 25/09/2024 14:28

Os que se atreven a pasar pola estrada de Donalbai, en Begonte, fano así, moi amodo e sorteando as fochancas dun lado para outro.

"Está fatal a estrada esta, que é por onde máis pasamos nós".

"Primeiro eran fochancas pequenas pero agora xa non hai maneira de evitalas".

"Non podes evitalas, saes dunha fochanca e vas a outra máis grande". 

Moitos veciños xa prefiren dar un rodeo que pasar por aquí, porque os seus coches foron sufrindo importantes avarías.

"Hai que evitar pasar por aquí".

"Non saen os coches do taller, os amortecedores estráganse e o meu sobriño picou unha roda".

"A miña filla cortou unha roda e custoulle 150 euros poñer outra".

Os veciños din que non valen parches, que se precisa dunha reforma integral, dende as cunetas ata o asfalto.

"Que a arranxen, para iso nos cobran os impostos".

"As cunetas que as abran e as poñan en condicións".

"Hoxe sobran medios, o que falta é vontade".

Din que se precisa de estradas dignas para que a xente non abandone o rural.

"Os núcleos rurais están abandonados e desta maneira seguímolos abandonando máis".

Úrxenlle á Deputación Provincial que tome medidas antes de que a choiva do inverno empeoren máis a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade