A Xunta proponlles a patronal e sindicatos estudar o impacto da redución da xornada laboral
A Xunta proponlles a patronal e sindicatos estudar o impacto da redución da xornada laboral
O conselleiro de Emprego considera importante o estudo polas características do tecido empresarial de Galicia
José González insistiu na aposta do Goberno galego por abordar dentro do diálogo social as cuestións fundamentais para empresas e traballadores
A Xunta quere examinar as consecuencias da proposta do Goberno central de reducir a xornada laboral no tecido produtivo de Galicia, onde a maioría son pemes. Díxoo o conselleiro de Emprego na reunión que mantivo esta tarde con representantes da patronal e dos sindicatos. José González trasladoulles que o Goberno galego aposta por abordar, no marco do diálogo social, cuestións como o absentismo laboral ou a esaseza de man de obra.
O conselleiro insistiu na importancia de acadar consensos con patronal e sindicatos. González criticou o Goberno central por levar a cabo reformas como a da duración da xornada laboral semanal, sen acadar, dixo, consensos.
"Analizar cuestións como é a redución da xornada laboral porque nós cremos que é moi importante coñecer e ter ben claras as consecuencias económicas nos diferentes sectores. Gustaríame coñecer que opinión teñen os axentes sociais respecto desa redución e a súa influencia nun tipo de tecido empresarial de pemes como é o caso de Galicia e sobre todo, saber se temos que poñer en marcha algún tipo de estudo, sacalo adiante canto antes", asegurou José González, conselleiro de Emprego.