A Xunta, Reganosa e as confrarías de Ferrol únense para rexenerar os bancos marisqueiros
A Xunta, Reganosa e as confrarías de Ferrol únense para rexenerar os bancos marisqueiros
Reganosa achega 80.000 euros para a compra de cría de ameixa e outros bivalvos.
As confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre farán a sementeira; a consellería do Mar encárgase da supervisión técnica.
O obxectivo do convenio de colaboración é recuperar a riqueza produtiva da ría.
A Xunta, as confrarías da ría de Ferrol e Reganosa unen forzas para recuperar a riqueza marisqueira da zona.
Neste acordo, Reganosa achega 80.000 euros para a compra de cría de ameixa e outros bivalvos nos vindeiros 5 anos. As confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre encárganse de sementalas mentres que a Consellería do Mar fai o seguimento técnico dos traballos. Uns traballos orientados a recuperar a riqueza produtiva desta ría, na que cada ano se extrae menos ameixa. Serán os técnicos os que decidan cando é o mellor momento de comenzar a sementeira. Polo momento, xa comezaron os labores de rexeneración e preparación do terreo no banco máis danado, o das Pías.
Isabel Maroño, patroa maior da confraría de Ferrol, explica que o convenio "é unha achega que agardamos con esperanza, unha luz ao final do túnel para que se rexenere o banco das Pías"
Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa, engade que "todos os actores que operamos na ría temos a obriga de contribuír a que a xente do mar recupere a produtividade dos bancos, animamos a que se unan máis actores para colaborar neste plan conxunto de rexeneración".