Cargando resultados...
A Xunta require máis información sobre o colapso do viaduto da A-6
A Xunta require máis información sobre o colapso do viaduto da A-6
Unhas obras en 2013 xa advertían de que os materiais estaban moi deteriorados
G24.gal
19/11/2022 19:58
Última actualización 19/11/2022 20:04
O informe do Ministerio de Transportes sobre o colapso do viaduto do Castro preto de Pedrafita non aclara as causas do derrubamento acontecido este verán.
Unhas obras de 2013, tan só once anos despois da inauguración deste treito da autovía, xa revelaran graves deficiencias relacionadas coa degradación do formigón e a corrosión dos materiais.
O viaduto estaba cortado ao tráfico desde hai un ano porque se estaba a reparar. Agora cuestiónase se a utilización de auga a presión para eliminar os elementos afectados foi a técnica axeitada.
Desde a Xunta reclaman máis transparencia sobre este asunto.