A Xunta ultima as normas que deberá cumprir o pan para poder dicir que é artesán
A Xunta ultima as normas que deberá cumprir o pan para poder dicir que é artesán
Entre os panadeiros hai opinións de todo tipo pero a maioría son partidarios de delimitar todo o posible os criterios
Aseguran que canto máis detallada e restritiva sexa a norma mellor para un sector, aseguran, que ten que loitar contra moita fraude a diario
Estas directrices abarcan desde as materias primas que se poderán empregar aos procesos, os aditivos ou o tempo de moldeado e repouso
Que fariñas poderán empregarse para facer un pan artesán, que aditivos estarán permitidos ou como terá que ser o proceso de elaboración. A Xunta está a elaborar unha normativa que deberán cumprir todos os produtores que queiran vender pan artesán, un xeito de loitar contra a fraude.
O selo de calidade Artesanía Alimentaria de Galicia será voluntario pero necesario se se quere vender o pan ou a empanada como artesán.
Nos últimos tempos temos acceso a pan de todo tipo, o sector artesán loita pola distinción e pola calidade para asegurar a súa supervivencia.