Cargando resultados...
A xustiza belga desbota a entrega de Valtònyc a España
A xustiza belga desbota a entrega de Valtònyc a España
Faino tras descartar os delitos de enaltecemento do terrorismo e inxurias á Coroa polos que o reclama a xustiza española
A Fiscalía pode recorrer o ditame en casación
G24.gal
28/12/2021 10:04
O Tribunal de Apelación de Gante desbotou a entrega a España do rapeiro Josep Miquel Arenas, alias Valtònyc, por un delito de ameazas.
Faino tras descartar os delitos de inxurias á Coroa e enaltecemento do terrorismo polos que o reclama a xustiza española.
"Non hai extradición por ningún dos tres casos", declarou á prensa o avogado Simon Bekaert tras coñecer a sentenza, que confirma a decisión en primeira instancia.
A Fiscalía pode recorrer o ditame en casación como última baza.