Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Festa da Vendima de Leiro enxalza os labores tradicionais da recollida da uva

A Festa da Vendima de Leiro enxalza os labores tradicionais da recollida da uva

A XXXII edición da Feira tamén homenaxea os que se dedican á elaboración do viño

A veciñanza recrea os labores tradicionais da vendima na comarca do Ribeiro.
G24.gal 27/08/2023 15:08 Última actualización 27/08/2023 15:41

Nalgunhas denominacións de orixe galegas xa comezaron este ano coa recollida de uva, uns traballos que se adiantaron máis dunha semana polas altas temperaturas. No Ribeiro coma cada último domingo de agosto celebran a Festa da Vendima de Leiro, coa que enxalzan os labores da viticultura tradicional. 

No corazón do Ribeiro, en Leiro, terra de viticultores e de viño homenaxean na súa 32ª edición da Festa da Vendima todos os traballos relacionados coa recollida da uva e a elaboración do viño. 

O pregoeiro deste ano foi o conselleiro de Medio Rural, José González, natural da comarca do Ribeiro, que destacou a importancia de que a xente máis nova coñeza tamén os labores tradicionais da viticultura e destacou o que teñen os viños para o Ribeiro. 

O acto central desta festa é o tradicional desfile de carrozas en que participa a veciñanza, pequenos e grandes, que recrean con moito detalle os traballos da vendima e tamén da vitivinicultura, a actividade económica principal da comarca do Ribeiro, a denominación de orixe máis antiga de Galicia. 

Póñenlle moito humor para recrear eses labores tal como se facían antes e estiveron acompañados no desfile pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e tamén por varias charangas. 

Tamén houbo unha exhibición de coches antigos polas rúas de Leiro. E ao remate máis de 400 persoas participaron nun gran xantar popular. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade