A zona da Coruña, Oleiros e Arteixo é a terceira de España onde máis bocaladas se din
A zona da Coruña, Oleiros e Arteixo é a terceira de España onde máis bocaladas se din
Pronúncianse basicamente con amigos, na casa ou no coche
Aos veciños de Oleiros cústalles crer a conclusión á que chegou unha coñecida plataforma de aprendizaxe en liña de idiomas. Sitúaos, canda os da Coruña e Arteixo, como a terceira zona de España onde máis tacos se din.
Pero hai quen recoñece que ás veces algún se lle escapa, sobre todo, cando están con amigos, nunha discusión ou ao volante.
A plataforma de formación destaca tamén que os homes soltan unha media de case once tacos ao día fronte aos oito que soen dicir as mulleres. E por idades, os máis novos entre os 16 e os 24 anos.
A enquisa realizada a unhas 1.500 persoas dos 19 concellos españois con máis poboación conclúe que onde máis palabras gordas se din é nas quedadas con amigos, na casa ou no coche.
As Palmas e Levante son as zonas onde menos de escoitan palabras malsoantes.