Publicador de contidos
Publicador de contidos

A zona euro esquiva a recesión no comezo deste 2023

A zona euro esquiva a recesión no comezo deste 2023

O PIB da eurozona medrou un 0,1 % no primeiro trimestre

Italia e España, as dúas grandes economías que máis medran

Antón Montero 16/05/2023 20:17 Última actualización 16/05/2023 20:27

Europa esquivou a recesión que se temía hai uns meses e a actividade económica recupérase amodo do impacto da crise enerxética e da alta inflación.

Este martes coñeciamos que no primeiro trimestre deste 2023 o PIB da zona euro medrou un 0,1 por cento, e o de España aínda máis e por riba da media. O crecemento da economía durante o pasado trimestre foi do 0,5 por cento.

Toda Europa en positivo agás as repúblicas bálticas ou algún socio do leste, aínda moi dependentes da enerxía rusa e afectados pola Guerra en Ucraína.

Os últimos datos da Axencia Estatística da UE amosan a recuperación económica recollida pola propia Comisión nas súas Previsións de Primavera. A zona euro medrou unha décima no primeiro trimestre do ano e saltou a terreo positivo.

Tamén o fixo o conxunto dos Vinte e sete, escapando da recesión. O PIB de España mellorou 5 décimas, recuperou pulo fronte ao peche do 2022, e hai sorpresas destacables como Italia, cunha expansión semellante á española. Son as dúas grandes economías europeas que máis medran.

Logo da reunión cos seus homólogos europeos, a vicepresidenta de Economía, Nadia Calviño, insistiu que España ten a confianza da Comisión polo seu crecemento e que as diferenzas sobre o déficit son mínimas.

"Trátase dunha diverxencia ou dunhas pequenas diferenzas nas hipóteses técnicas que subxacen que non teñen un impacto material. Verdadeiramente, as previsións da Comisión Europea están tremendamente aliñadas coas previsións do Goberno", dixo a vicepresidenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade