Publicador de contidos
Publicador de contidos

ABANCA e AFundación recollen xoguetes para enviar a Ucraína

ABANCA e AFundación recollen xoguetes para enviar a Ucraína

A campaña solidaria chámase 'Debuxa un sorriso polo Nadal'

G24.gal 18/12/2022 14:41 Última actualización 18/12/2022 15:12

Cando falta o máis básico o Nadal pode parecer superfluo, pero AGA Ucraína traballa para que non sexa algo máis entre todo o que a guerra lles está arrebatando aos nenos.

Contan, unha vez máis, coa colaboración de ABANCA e Afundación. A campaña solidaria que impulsan cada ano reúne nesta ocasión xoguetes para enviar a Ucraína. Hai dous locais abertos, un na praza de Pontevedra da Coruña e outro na rúa Policarpo Sanz de Vigo, atendidos por voluntarios que recollen e clasifican os agasallos que van chegando.

"Ata o día 22 de decembro poden entregar os xoguetes. Deben ser novos ou estar en perfecto estado para poder envialos alí. Outra forma de colaborar é entrar na páxima web dibujarsonrisas.abanca.com e facer alí a súa contribución económica, que nós transformaremos en xoguetes", explica Gonzalo Mora, do equipo de Responsabilidade Social de Afundación.

O próximo xoves sairá un tráiler con todos os xoguetes e con axuda humanitaria, que segue sendo vital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade