Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abanca lanza B100: un banco dixital que paga por andar

Abanca lanza B100: un banco dixital que paga por andar

A iniciativa ofrece unha conta remunerada ao 3,4 %, e busca mellorar a saúde do cliente e do planeta

G24.gal 29/02/2024 14:57

Abanca lanza a súa nova marca dixital, que aposta polo coidado da saúde e do planeta. Chámase B100 e inclúe o primeiro produto financeiro co que o cliente pode aforrar mentres camiña ou corre. 

"En ningún banco do mundo vimos ningún produto como este, que conecte o teu aforro coa túa saúde, a túa saúde persoal e a túa saúde financeira. É a conta que ten máis remuneración, ese 3,40 % co que a lanzamos. Programas obxectivos para correr e andar, e automatismos de traspaso de diñeiro a esta "superconta" de saúde", explica Jorge Mahía, o seu director executivo.

Amáis, o 25 % dos ingresos que xera a tarxeta 'Pay to save' dedicáranse a loitar contra a contaminación plástica no mar. Abanca inviste 25 millóns de euros en B100, e fíxase como primeiro obxectivo chegar a 4.000 clientes con esta nova entidade en liña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade