Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abanca ofrece cursos de formación para uso de caixeiros e aplicacións bancarias

Abanca ofrece cursos de formación para uso de caixeiros e aplicacións bancarias

Como pagar un recibo no caixeiro automático, como usar a app do banco ou como evitar fraudes dixitais son algunhas das principais dúbidas dos usuarios

G24.gal 03/10/2022 14:19

Moraña foi un dos concellos en solicitar os cursos de formación financeira da Afundacion Abanca. Neste concello pontevedrés aínda teñen sucursais abertas, onde resolven persoalmente as dúbidas dos usuarios, pero non quedan xa oficinas bancarias en concellos veciños como, sen ir máis lonxe, Campo Lameiro.

Segundo datos do IGE, o 15 % dos concellos xa non ten sucursais. Á carencia do servizo súmase que son concellos rurais coa poboación envellecida polo que a fenda dixital é aínda maior. 

A maioría dos usuarios que solicitan e asisten aos cursos sabe sacar cartos do caixeiro, pero resúltanlle complicadas outras operacións, como pagar un recibo. Teñen curiosidade pola banca electrónica e os métodos de pago dixitais, e tamén moito interese pare detectar e evitar os intentos de fraude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade