Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abascal pide aos galegos que confíen en Vox para a conformación do goberno galego

Abascal pide aos galegos que confíen en Vox para a conformación do goberno galego

Abascal confía en acadar representación no Parlamento galego

G24.gal 28/01/2024 16:37 Última actualización 28/01/2024 17:52

O candidato de Vox á Xunta de Galicia, Álvaro Díaz Mella, recibiu esta mañá o apoio do presidente do partido Santiago Abascal e dos catro vicepresidentes autonómicos da formación ultraconservadora.

Abascal confía en que "Vox non só entrará no Parlamento de Galicia, senón que será decisivo para a conformación dun goberno", para corrixir o que dixo unha anomalía dados os votos conseguidos nos últimos comicios.

"Vox chegou a obter en Galicia o apoio de 116.000 galegos, e nós temos a convicción de que se logramos facer que aqueles galegos volvan confiar en nós", aseguraba o presidente de Vox, Santiago Abascal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade